Estrea de "XAN"

VII Festival Carballo Interplay

venres, 23 de outubro de 2020
Estrea de "XAN"

XAN é unha serie para internet escrita por Miguel Canalejo e dirixida por Lucía Estévez.
A súa estrea será o vindeiro 18 de novembro ás 21h dentro da programación do VII Festival Carballo Interplay. Esta realizarase en formato online por mor das actuais restricións sanitarias.

XAN. Unha webserie que fala do asombro. Fala de flipar. Fala sobre a conxestión cerebral que provocan os hostións da realidade. XAN é un rapaz que está tan superado polo que o rodea que non é quen de dicir nada. Por iso é máis ca unha personaxe. XAN é un estado mental. Ese estado mental que experimentas cando o teu xefe fai un comentario que non sabes se é un chiste ou non. Ese que experimentas cando ves 24 deputados de ultradereita no congreso. Ou ese que experimentas cando ves a Chenoa e a Bisbal cantando “Escondidos” no reencontro de OT anos despois da súa ruptura. A realidade é flipante. E XAN está flipando todo o rato.

+info:
https://www.instagram.com/xanserie/
http://www.carballointerplay.com/