Estrea de "Sol Negro"

23 feb / Teatro Colón (A Coruña) / 21h

venres, 17 de febreiro de 2017
Estrea de "Sol Negro"

Ilustración: Lidia Kalibatas

Sol negro é unha recreación escénica do estado depresivo con textos baseados en obras de Samuel Becket e Julia Kristeva, dirixida por Evaristo Calvo. Na escena cobran vida dous personaxes que viven en lugares diferentes da súa existencia e da súa doenza. Nun caso é Krapp, protagonista de "A última cinta de Krapp” de Samuel Becket, quen manifiesta síntomas e circunstancias dun ser ancorado no malestar dunha ausencia. Noutro artificio serán as argumentacións poéticas de Julia Kristeva dando voz á enferma consciente da súa doenza, falando dela, tentando articular un discurso que a faga comunicable. Dúas ficcións contidas nun marco estético visual e musical. Un xerador de emocións que remata o seu fluxo de enerxía na fin da racionalidade. A análise do prexuízo e das súas consecuencias, coma un primeiro paso para chegar, se non á verdade, a refutar as bases da falsidade na que se apoia o prexuízo. Sobre o escenario estarán presentes unha actriz física (María Roja), un actor (Evaristo Calvo), un pianista (Pablo Seoane) e un doutor en psiquiatría, acompañadxs do labor audiovisual dunha artista plástica (Alba Blanco). Un elenco non moi habitual para unha forma escénica inusual.

Máis información e venda de entradas:
http://www.teatrocolon.es/es/evento/sol-negro/