Estrea de «A Peste»

María Roja forma parte do elenco da nova produción do CDG

A peste é unha versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra de Albert Camus, coa que reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise.
A historia conta o que sucede na cidade de Orán, a través da narración do doutor Rieux, durante unha praga de peste. A cidade vese asediada e os seus habitantes sometidos a unha corentena. A obra céntrase nos avatares dos habitantes encerrados, en como se enfrontan á praga e lle buscan un sentido á súa situación: primeiro nunha loita egoísta pola supervivencia e, despois, a través do esforzo colectivo e comunitario. Ao longo dun ano, a peste progresa ata que a dan controlado e desaparece. O pobo celebra con alegría a fin da peste, salvo o doutor Rieux que, tras o sacrificio fútil e a perda de seres queridos, só presenta un optimismo cauteloso, sabendo que a praga pode volver no futuro.

Elenco: Evaristo Calvo, César Cambeiro, Nacho Castaño, Xurxo Cortázar, Salvador del Río, Casilda G. Alfaro, Paku Granxa, Luís Iglesia B., Miquel Ínsua, Tone Martínez, Rebeca Montero, Marcos Orsi, María Roja, Santi Romay, Carlos Sante
Dirección e dramaturxia: Cándido Pazó
Escenografía: Dani Trillo
Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro
Iluminación: Afonso Castro
Música e espazo sonoro: Guillerme Fernández
Asistencia de dirección: Belén Pichel

+info:
http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/axenda/axendad.php?id_e=2844&lg=gal
https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/teatro/salon-teatro/13308–a-peste.html