Edison, ou dúas mil demostracións de como non facer unha bombilla

Comeza o proceso creativo en Demolicións Ferreira

xoves, 26 de xaneiro de 2012

Eva F. Ferreira, directora da recén formada compañía Demolicións Ferreira, acompañada polas actrices Areta Bolado, María Roja e Gena Baamonde, enfróntase á creación da peza bautizada como Edison, ou dúas mil demostracións de como non facer unha bombilla, que prevé estrearse en xuño dentro da segunda edición do ciclo Vigo en Bruto organizado polo Teatro Ensalle.

Hai quen encerra os seus fracasos no cuarto da memoria. Nós porén exhibímolos. Construímos unha
peza a partir das nosas caídas, desencantos, cicatrices. Cultivamos o fracaso. Aferrámonos a el. Viaxar
cunha cunca baleira, para ir enchéndoa de sentido. Bater nas paredes: onde hai dor, hai vida. Queremos
fracasar. Con seriedade, con entusiasmo, con vocación íntegra. Un brinde polo fracaso.

Edison, ou dúas mil demostracións de como non facer unha bombilla