EXTRAMUROS Espazo de colisións artísticas

Inauguración do espazo e presentación do seu programa de actividades

O sábado 6 de abril terá lugar a inauguración de EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas]. Será a partir das 17 horas na rúa Monforte, 8 (A Coruña).
Programa:
17:00 ::: Laura Piñeiro ::: Instalación artísticas
17:45 ::: Carlota Perez & Leo Rodriguez ::: «Inoxidable» (danza contemporánea)
18:30 ::: Mecanismo Ruso ::: Música
19:00 ::: María Roja & Berio Molina ::: «Pó é pó é pó» (performance)
20:00 ::: Nasdrovia ::: Música
21:00 ::: Axlubi-x ::: Música (Hip-hop)

EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas] é un novo espazo que bota a andar da man do artista e cineasta Roi Fernández e da actriz e creadora Laura Villaverde, coa fin de converterse nun lugar de encontro e intercambio entre os profesionais e estudantes das artes performativas.
EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas] é tamén o espazo de traballo e creación da compañía teatral ArtesaCía e a productora multimedia SrPause Cinescapismo.
EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas] é así mesmo un espazo adicado á expansión de pedagoxías artísticas: ciclos de obradoiros (Primavera / Verán / Outono/ Inverno), clases maxistrais, eventos extraordinarios («Fora de portas»). Para tódalas idades e niveis.

+info:
http://www.espazoextramuros.org/