Dalia, a modista

Próxima estrea na TVG

sábado, 05 de novembro de 2016
Dalia, a modista


’Dalia, a modista’, a nova miniserie da Televisión de Galicia, estrearase o vindeiro 19 de decembro. Realizada pola produtora CTV, consta de catro capítulos e artéllase arredor dunha trama de misterio, amor e superación, ambientada nos anos 50.
A nova produción da canle conta a historia de Dalia, unha moza modista que chega a Prescedo, coa súa máquina de coser Singer, na procura de respostas sobre o suicidio da súa nai. Alí, descubrirá a dobre vida que levaba a falecida e atoparase cunha vila chea de segredos, onde loitará por facer realidade os seus soños de modista.
A serie está dirixida por Giselle Llanio, responsable de exitosas series como ’Libro de familia’ e ’Pazo de familia’, tamén emitidas na TVG.
O elenco está composto por unha longa lista de intérpretes como María Mera, Manuel Sanmartín, Luísa Merelas, Susana Sampedro, Fernando González, Cristina Collazo, David Seijo, Rebeca Stones, Xoán Fórneas, Machi Salgado, Covadonga Berdiñas, Fran Paredes ou María Roja, entre outrxs.