Curtas Armadiña

María Roja, no xurado da cuarta edición do festival

mércores, 17 de outubro de 2018
Curtas Armadiña

O festival Curtas Armadiña, organizado pola ACDeM Armadiña, presenta os integrantes
do xurado deste ano, que se encargarán de escoller a mellor curtametraxe da Sección Oficial e da Sección de Animación da cuarta edición do certame, que se celebrará do 12 ao 18 de novembro en Poio. As pezas gañadoras daranse a coñecer na gala final que terá lugar na tardiña do 18 de novembro. O xurado está composto por Pablo Cacheda, Juan de Castro, Laura Doval, María Roja e Pilar Varela, esta última en representación da asociación organizadora.
A edición deste ano, aberta a España e Portugal e que terá por obxectivo a integración das persoas con discapacidades intelectuais, pechou o seu prazo de envíos o pasado mes de xullo e a ela presentáronse arredor de 900 pezas audiovisuais. Alén da Sección Oficial e da Sección de Animación, o certame Curtas Armadiña tamén abrangue unha Sección Medioambiental e unha Sección Videoclips, que contarán con xurados específicos. Ao igual que o ano pasado, entregarase o premio Áncora de Honra, un galardón simbólico que se lle concederá a unha persoa do ámbito audiovisual cuxa traxectoria debe ser honrada, visibilizada e valorizada.

+info:
http://curtas.armadinha.gal/
https://twitter.com/curtasarmadinha