O Camiño Escena Norte elixiu ás compañías que participarán no programa Cruzamentos, a rede de estancias de creación escénica deseñada para promover o intercambio artístico e profesional entre compañías de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi. A través desta iniciativa, as compañías residentes teñen a oportunidade de compartir experiencias e recibir asesoramento por parte de compañías locais sobre a posta en escena dos seus proxectos.
Nesta cuarta edición do Camiño Escena Norte, Cruzamentos desenvolverase entre o 11 de agosto e o 10 de setembro, previo ao inicio do circuíto Constelacións, e contará coa participación de tres compañías galegas: ButacaZero, Kirenia Danza e Olivas Negras. Esta última exercerá de compañía residente no Teatro Antiguas Escuelas de Orejo (Marina de Cudeyo) coa súa nova creación DERMA e contará coa formación local Espacio Espiral.
María Roja forma parte deste novo proxecto da compañía galega.