Chámalle X

IX Xornadas de Arte de Acción da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo

xoves, 15 de novembro de 2012

Entre os días 17 e 23 de novembro, terá lugar a novena edición das Xornadas de Arte de Acción Chámalle X.
A Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra máis o MARCO de Vigo acollerán nesta ocasión unha programación centrada no interese polo son que o corpo humano pode emitir ou fabricar.
Dentro da mesma, o mércores 21 de novembro ás 20 horas, na Sala X, María Roja, en colaboración con Berio Molina, presentará a súa peza Pó é pó é pó.

Chámalle X

Toda a información en:
http://webs.uvigo.es/chamalle/