Bailar no ceo

Lectura dramatizada ao abeiro da Bolsa de Dramaturxia e Creación do CDG

martes, 10 de xaneiro de 2023
Bailar no ceo

O martes 10 de xaneiro, ás 20h, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, levarase a escena en formato lectura o texto "Bailar no ceo" de Ana Abad de Larriva.
"Bailar no ceo" é o texto desenvolvido dentro do programa da II Bolsa de dramaturxia e creación impulsada pola Agadic a través do CDG - Salón Teatro. A AAAG coordina esta lectura dramatizada que será dirixida por Gena Baamonde e interpretada por María Roja, Cora Velasco e Roberto Leal.

+info:
https://www.cultura.gal/gl/evento/100097/13/127599