"Antes de la metralla" no Festival Escenas do cambio

10 febreiro I 22:30h I Sala 2 do Museo Centro Gaiás

mércores, 08 de febreiro de 2017
"Antes de la metralla" no Festival Escenas do cambio

Antes de la metralla non pretende ser unha representación. É un encontro real entre persoas que por unha parte aportan o seu punto de vista e, por outra, están dispostas a amosarse máis alá do refuxio da palabra. O obxectivo é expoñer algunhas orientacións e interpretacións da escena contemporánea desde diferentes ángulos, perspectivas ou implicacións. Antes de la metralla idéase como un traballo in situ, cuns días previos de encontro e cunha posta en escena final, pero sen ánimo de que sexa un espectáculo pechado, senón máis ben a mostra do resultado dese encontro: un acontecemento para un marco específico. É un proxecto en desenvolvemento, carente de valor comercial. Xs participantes, na súa condición de cómplices, testemuñas, acompañantes e colaboradorxs, están directa ou indirectamente ligados coa escena. Todxs espectadorxs.

http://www.escenasdocambio.org/gl/eventos/gal-antes-de-la-metralla/