"A Estiba"

Comeza a rodaxe da nova serie de ficción para a TVG

luns, 24 de xuño de 2019

Un barco con toda a súa tripulación masacrada atraca no porto da localidade de Ardora. Cando a policía investiga o acontecido, descobre que no porto rexe unha soa lei, a do silencio. Ardora é unha cidade próspera, de tamaño medio, na que os seus e as súas habitantes viven da actividade comercial e industrial do seu porto, pero que como contraprestación conta cos índices de criminalidade máis elevados do país.
Este é o punto de partida de ’A Estiba’, un thriller de 15 capítulos dirixido por Miguel Conde, cuxa estrea na grella da canle pública está prevista para a próxima tempada de outono-inverno.
Voz Audiovisual, creadora de series de éxito da Galega como ‘Matalobos’ e ‘Serramoura’, é a produtora que dá vida a este proxecto, para o que conta con intérpretes como Luis Iglesia, Ana Santos, Melania Cruz, Desiré Pillado, Paula Cereixo, Pablo Rivero, Machi Salgado, Toni Salgado, Chus Álvarez ou María Roja, entre moitxs outrxs.