Derradeira función de "30 e tantos ósos"

Aporía Escénica despide a súa primeira montaxe

xoves, 10 de decembro de 2020
Derradeira función de "30 e tantos ósos"

30 E TANTOS ÓSOS
11.12.2020
21h
Auditorio do Fórum Metropolitano (A Coruña)

A compañía viguesa de artes escénicas Aporía Teatro poñerá en escena por vez derradeira, logo de 6 anos en xira, a súa peza "30 e tantos ósos" (Premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal no ano 2014). Para a ocasión, reuniranse sobre as táboas os 5 membros fundadores da compañía: Teté García, Diana Mera, Marche Pérez, María Roja e Diego Valeiras.

+info e entradas:
https://corunacultura.sacatuentrada.es/es/entradas/sen-numerar-forum-30-e-tantos-osos