"25 anos de Tolemaxias" en xira

Terra Máxica, Festival de Maxia de Ourense

xoves, 21 de marzo de 2019
"25 anos de Tolemaxias" en xira

Despois de máis de cinco anos xogando con outras artes escénicas nos seus espectáculos, como a música en directo, o teatro, a danza… en “A Maxia da Santa Compaña” , “O Afiador”, “Íntimo” ou “Alquimia”, o Mago Teto retorna á esencia do ilusionismo en estado puro. "25 anos de Tolemaxias" é un espectáculo cheo de efectos novidosos tocando todas as disciplinas da maxia (dende efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación…) sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla. Esta menestra ten como obxectivo final a realización dun espectáculo entretido, divertido, estético, emotivo e, sobretodo, cheo de ilusión e de ilusións.
Nesta ocasión, o Mago Teto estará acompañado por María Roja, na primeira función xuntos do ano no que cumpren 10 anos de colaboración profesional.

+info:
http://terramaxica.gal/