1, 2, 3, 1, 2, 3... e acción!

Laboratorio de interpretación facilitado por María Roja no Festival Curtas Armadiña

mércores, 31 de outubro de 2018
1, 2, 3, 1, 2, 3... e acción!

Dirixe: María Roja
Público destinatario: público xeral +16 anos
Data: mércores 14 de novembro
Hora: 19:00-21:00 h
Lugar: Centro Cultural Xaime Illa de Raxó
Aforamento: 20 alumnxs

Contido: Este obradoiro propón unha reflexión práctica sobre os procesos de creación no eido da actuación ante e para a pantalla. Tomando como punto de partida os modos de operar da vídeoacción, o vídeo experimental, a videoinstalación, as narrativas sonoras xeolocalizadas e o streaming escénico, entrenaremos ferramentas de creación e interpretación que permitan o diálogo dos nosos corpos con dispositivos de gravación domésticos (teléfonos móbiles, tabletas, ordenadores) a través de aplicacións tecnolóxicas de comunicación e emisión ao noso alcance, para realizar pequenas escenas videográficas.

Necesidades: levar roupa e calzado cómodos e dispositivos propios como teléfonos móbiles e/ou tabletas.

Proceso de inscrición: enviade un corre-e a curtas.armadinha@gmail.com indicando título do obradoiro, nome, apelidos, data de nacemento e teléfono de contacto. As inscricións terán lugar por orde de chegada.

+info:
https://www.facebook.com/events/500028657142191/
http://curtas.armadinha.gal/